OBRA DE TEATRO “LA INCORRUPTIBLE”, con ANA PLAZA
DOMINGO 12 DE MARZO ÁS 20.00 H. NO TEATRO ELMA
Un espectáculo cheo de humor, intelixencia e ironía no que se imprime un ritmo áxil nas palabras e accións da actriz e as voces en off doutros persoaxes.
Traxicomedia moderna que pon de manifesto a través do relato da nosa protagonista o gran esforzo e renuncias que a muller debe realizar para chegar aos cargos de relevancia para chegar a ser unha superwoman na súa casa e no parlamento. E que a “igualdade” aínda nas altas esferas dista moito de ser real.
Entrada de balde.