
XII EDICIÓN DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO
Vacacións con Traballo é un programa de sensibilización dirixido ao persoal técnico dos Concellos e Deputacións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Trátase dunha iniciativa que leva funcionando ininterrompidamente desde o ano 2005, da que, ata hoxe, formaron parte 40 persoas.
Poderá participar calquera persoa que, sendo persoal técnico en activo dos Concellos ou Deputacións socias do Fondo Galego, cumpra cos requisitos demandados para a praza na que estea interesada en concorrer.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto do 3 de abril ao 10 de maio. Os interesados poden consultar as bases na web do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
https://www.fondogalego.org/web/node/2779