
PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2017
As persoas que desexen inscribirse no programa Benestar en balnearios 2017 da Xunta poden facer efectiva a súa solicitude ata o vindeiro 17 de abril.
As persoas solicitantes, entre outros requisitos, deben ser maiores de 60 anos ou, no caso de teren a condición de pensionista da Seguridade Social, de 55. Deben ademais de estar empadroadas nalgún concello da comunidade galega e valerse por si mesmas para as actividades da vida diaria. A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu/da súa cónxuxe ou dun fillo ou filla que teña un grao de discapacidade superior a 33%.
As persoas interesadas poden consulta-las bases da convocatoria no DOG. núm. 53 de 16 de marzo de 2017, no portal da Política Social, ou nas dependencias dos Servizos Sociais .