
LIBROS PARA SERMOS LIBRES
Dentro dos actos previstos para a celebración do Día do Libro, este sábado a biblioteca da Pobra será unha das 30 bibliotecas galegas que participarán na campaña “Libros para sermos Libres” que organiza a Deputación da Coruña.
Instalaremos un posto nos Xardíns de Valle-Inclán e repartiremos 150 libros. Achégate a partir das 12 do mediodía e poderás levar un libro.