
CAMPAMENTOS DE VERÁN 2017
Xa está aberto o prazo para solicita-la praza na campaña Acción de Verán 2017 da Dirección Xeral de Xuventude. Participación e Voluntariado. As actividades realizaránse durante os meses de xullo a setembro, en quendas dunha ou dúas semanas de duración. Os campamentos levaranse a cabo na nosa comunidade autónoma e tamén noutras, e poderán participar rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos nos campamentos, e nos campos de traballo e outras actividades, de 18 a 30 anos. As instalación poderán ter réxime de tenda de campaña ou albergue. Nos casos de actividades máis demandadas procederase a un sorteo para adxudica-las prazas.
As solicitudes presentaranse pola vía telemátioca na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal; ou nos rexistros oficiais ATA O DÍA 2 DE MAIO.
Máis información na páxina xuventude.net, e na Oficina de Información Xuvenil do noso concello, na casa da cultura Raquel Fernández Soler.