
Campaña de Sensibilización: Erradicación de plantas invasoras
O concello levará a cabo unha campaña de sensibilización sobre plantas invasoras, que dará comezo o venres 27 de xaneiro, no Auditorio Valle-Inclán, cunha conferencia impartida polo biólogo Miguel Conde. Continuarase mediante diversas actividades que terán como obxecto concienciar á cidadanía da importancia de evitar a presenza destas especies nos nosos ecosistemas.