“FALAR SEN CANCELAS” con Fran Rei, Isabel Risco e Pedro Brandariz
Venres 5 de maio ás 20.30 h. no Treatro Elma.
Hai xente que fala por falar. Outros falan polos cóbados. Algúns falan os sete falares. En definitiva, que o falar non ten cancelas; porque temos, igual que acontece coa choiva, mil e unha maneiras de describir as nosas formas de conversar.
Entrada de balde.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra e colabora a Deputación da Coruña.