A Pobra albergará a presentación dun libro póstumo de José Ramiro Villoch Herrera
Nova cita literaria outro venres máis na Pobra do Caramiñal. O Auditorio do Museo Valle-Inclán acollerá a presentación de Tiempos de Salazón y Conserva en A Pobra do Caramiñal, libro póstumo de José Ramiro Villoch Herrera.
O acto terá lugar no 11 de agosto, ás 20.30 horas, e contará coas intervencións do alcalde e historiador, José Carlos Vidal; da concelleira da Cultura, Patricia Lojo; e de Victoria Villoch, filla do falecido médico e escritor.
A dita obra repasa a historia e as construcións da salgadura presentes na localidade e os inicios nela da conserva.
O acceso é libre ata completa-la cabida da referida instalación municipal.