II XORNADAS MICOLÓXICAS
O concello da Pobra organiza as súas segundas xornadas micolóxicas no mes de novembro de 2018. Haberá as seguintes actividades:
- Unha charla de introdución aos fungos o mércores 14 ás 20.30h no auditorio do Museo Valle-Inclán
- Unha charla máis específica sobre o grupo de Boletales, o venres 16 ás 20:30 no auditorio do Museo Valle-Inclán, impartido polo presidente da Federación Galega de Micoloxía, Chemi Traba.
- Unha saída a campo o sábado 17 entre as 10:00 e as 14:00, con saída desde a casa da Cultura, para a identificación de exemplares acompañados do Presidente da Federación Galega de Micoloxía, Chemi Traba.
- Un concurso de fotografía, aberto a participantes de tódalas idades.
Podes ver aquí o cartel das xornadas e as bases dos concursos de fotografía.
2018_BASES_CONCURSO_FOTOGRÁFICO_CORRIXIDO FINAL
Para a saída a campo e para os concursos precisase inscrición en medioambiente@apobra.gal indicando datos persoais e a actividade na que se quere participar.