
Cine na rúa: "Coco", 6 de agosto ás 22.30 h no Cantón da Leña (no Elma ás 21 h se vai mal tempo)
6 de agosto ás 22.30 h na praza do Cantón da Leña será a proxección da longametraxe “Coco”.
(Se vai mal tempo, a proxección será no teatro Elma ás 21.00 h)
Miguel é un mozo co soño de se converter nunha lenda da música a pesar da prohibición da súa familia. Esta paixón levarao a se adentrar na Terra dos Mortos para coñece-lo seu verdadeiro legado familiar.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.