Retransmisión en directo da misa das 13.15 horas do domingo do Nazareno a través do Canal Barbanza e en streaming pola canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal
A festividade do Nazareno contará no domingo 20 coa celebración de tres misas na praza Alcalde Segundo Durán (ás 10.00, 11.30 e 13.15 horas). Cómpre indicar que se retransmitirá en directo o oficio das 13.15 horas a través do Canal Barbanza e en ‘streaming’ pola canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal: https://youtu.be/s5NT5ORwmmE
Estade atentos e atentas xa ás 13.00 horas, pois empezaranse a emiti-las imaxes.
Para quen desexe asistir fisicamente, o acceso á praza será mediante unha entrada co código QR. Estes tíckets distribuiranse a través do enderezo electrónico nazarenoentradas2020@gmail.com, no propio Concello e tamén haberá unha persoa voluntaria da Protección Civil, quen as repartirá á saída da novena da igrexa de Santiago do Deán. Será preciso facilita-lo nome, os apelidos e o número de teléfono, ademais de especificar a que misa se asistirá das que se desenvolverán no exterior. O obxectivo é non supera-lo límite e ter un rexistro de quen está en todo o momento no lugar.