Construído un novo muro no patio do EEI Fernández Varela
A Concellaría da Educación da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), comunica que se construíu un novo muro na parte traseira do EEI Fernández Varela, concretamente, na zona do patio.
A dita intervención foi executada por Constrios S.L. e o investimento ascendeu a 11495 euros, IVE incluído. O proxecto supuxo a desmontaxe, a provisión e a nova colocación da varanda metálica existente; a demolición e retirada dos entullos do muro anterior a un vertedoiro autorizado; o emprego de formigón HA-25 e aceiro B500S en formación de muros; a subministración e colocación de piar en pedra; e a dotación e instalación dunha porta peonil de aluminio soldado e lacado.