"CHOCOLATE" teatral neste 22 de agosto ás 20.30 h no Cantón da Leña!
Xoves 22 de agosto de 2019, ás 20.30 h na praza do Cantón da Leña, TEATRO “CALAVERA” presenta “CHOCOLATE”.
Trátase dunha actividade que mestura a narración oral coa posta en escena teatral, tomando como protagonistas as personaxes de Antón e Tomasa, un cociñeiro e unha pasteleira a quen lles encanta cociñar un montón de aventuras. Esta actividade conta cunha segunda parte, en que se leva a cabo un obradoiro de cociña “brochetas de froitas con chocolate fondue”, no cal se procura a participación das nenas e nenos.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.