
Novas medidas en vigor dende as 00.00 horas deste 21 de xaneiro
Ás 00.00 horas deste 21 de xaneiro entran en vigor as novas medidas anunciadas pola Xunta ante a evolución da situación epidemiolóxica.
A práctica da actividade física e deportiva non federada poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas.
En ningún caso se abrirán ás persoas usuarias os vestiarios e zonas de duchas.
Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Para os correspondentes adestramentos respectaranse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) onde se especifican as medidas: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=%2Fexcepcional%2F2021%2F20210119%2F2542%2FSecciones1_gl.html&fbclid=IwAR0fCtZn1zbb_ik9bYNQKttPdAJ95U4wIMzs0j2rTVINyQsDPG_ix0RokUM