Sorteo de Mercar no teu comercio ten premio 2022
A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), asistiu no 19 de outubro ao sorteo en directo dos premios da campaña Mercar no teu comercio ten premio que se desenvolveu na Pobra.
Repartíronse 1.000 euros en tarxetas de prepago de 50 e de 30 euros que deberán ser empregadas polas persoas gañadoras en novas compras no comercio de proximidade da localidade.
Trátase dunha iniciativa organizada pola Federación de Comercio da Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de empresarios, comerciantes e traballadores autónomos da Pobra do Caramiñal.