Novas medidas a partir das 00.00 horas deste 19 de marzo
A Xunta anunciou novas medidas con relación á situación epidemiolóxica, as cales terán efecto dende as 00.00 horas deste 19 de marzo de 2021.
A Pobra do Caramiñal atópase entre os concellos con nivel de restrición media-baixa.
Limitarase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados de uso público e de seis en espazos abertos ou ao aire libre de uso público. En espazos de uso privado, a permanencia de grupos de persoas quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
Os establecementos hostaleiros e de restauración poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 75% da capacidade máxima permitida e tamén no interior cunha ocupación do 50%. O horario de peche ao público será ás 21.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 21.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.
Limitación da mobilidade nocturna no período comprendido entre as 22.00 e as 06.00 horas.
Limitación da entrada e saída de persoas do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) onde se especifican as medidas: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2021/20210317/2591/Secciones1_gl.html