
Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 29 de abril de 2021
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou no día de onte, xoves 29, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación das actas anteriores (28 de setembro, 13 de outubro e 26 de novembro de 2020).
- Modificación do prezo público pola prestación do servizo de rutas turísticas en veleiro. Aprobada por unanimidade
- Modificación do prezo público pola asistencia a cursos de monitorado de tempo libre. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP)
- Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Emprego e Igualdade e o Concello da Pobra do Caramiñal para a concesión das axudas ó sector da hostalaría cuxos negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias por causa da COVID-19. Aprobada por unanimidade
- Aprobación provisional de crédito extraordinario 01/21 (achega económica por un convenio coa Xunta para axudas á hostalaría). Aprobada por unanimidade
- Aprobación provisional de crédito extraordinario 02/21 (programas de asistencia da área dos Servizos Sociais). Aprobada por unanimidade
- Aprobación da modificación da ordenanza fiscal n.º 10 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público, por mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa. Aprobada por unanimidade
- Convenio para a formalización dunha encomenda de xestión entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal para a explotación da estación depuradora de augas residuais. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP)
- Dación de conta da adhesión ó convenio asinado entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixilancia e control fronte á avespa asiática (Vespa velutina).
- Proposta da Alcaldía para o apoio á moción presentada pola Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal co obxecto de demanda-la eliminación das modificacións do Regulamento de control europeo da UE 1224/2009 con respecto á frota artesanal. Aprobada por unanimidade
- Moción do grupo municipal do PP relativa á recuperación do deporte na Pobra. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- Moción do grupo municipal do PP relativa á concesión dunha axuda nominativa ás diferentes entidades de Cáritas existentes no noso municipio. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- Moción do grupo municipal do PP relativa ó estado de conservación das vías do noso municipio. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
Finalmente, procedeuse coa quenda de preguntas.