Unidade móbil na Pobra para a doazón de sangue no 18 de maio
Lembramos que a unidade móbil para a doazón de sangue estará o martes, 18 de maio, na praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior) cun horario establecido de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. Unha pequena acción que pode cambia-la vida de moitas persoas.
Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e, despois de xantar, esperar dúas horas. Ademais, débese asistir coa tarxeta de doazón, DNI ou un documento similar. No caso de tomar algún medicamento, é preciso informa-la médica ou o médico.
É desexable solicitar unha cita para doar no teléfono gratuíto 900100828.