Continúan na Pobra as xornadas sobre saúde e benestar cun novo relatorio
No 14 de maio ofrecerase o segundo dos coloquios que forman parte das xornadas sobre saúde e benestar organizadas pola Concellaría da Sanidade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia).
Mónica Rodríguez Castaño, enfermeira de pediatría no centro de saúde da Pobra, impartirá o relatorio Primeiros auxilios para nais e pais.
Igual ca o resto de sesións, desenvolverase a partir das 20.00 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán seguindo as medidas estabelecidas por mor da COVID-19. As persoas interesadas en asistir poden formaliza-la súa inscrición de balde a través do teléfono de contacto 681173484.