
Publicadas as listaxes coas datas dos exames para a obtención dos Celga
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Pobra do Caramiñal, adscrito á Concellaría da Normalización Lingüística, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), informa de que están ó dispor de tódalas persoas inscritas nos exames conducentes á obtención dos Celga (os certificados de lingua galega expedidos pola Secretaría Xeral da Política Lingüística) as listaxes coas datas, horarios e lugares de realización das probas dos distintos niveis, que se van desenvolver entre 22 de maio e 12 de xuño de 2021, tanto en Santiago de Compostela coma en Ponferrada.
As ditas listaxes atópanse na páxina web da Secretaría Xeral da Política Lingüística, a través da seguinte ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0022/probas-celga-2021-listaxes-definitivas-datas-realizacion