
A Pobra acollerá unha xornada aberta sobre o labor de Alcohólicos Anónimos
O teatro cine Elma dará cabida no 10 de xullo, a partir das 12.30 horas, a unha xornada aberta de información pública organizada por Alcohólicos Anónimos, en colaboración coa Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, para dar a coñece-lo labor da mencionada agrupación que, segundo explicou un dos seus integrantes, “é unha comunidade de persoas que comparten a súa mutua experiencia, fortaleza e esperanza para resolve-lo seu problema común e axudar outros a recuperarse do alcoholismo.” O único requisito para ser membro “é o desexo de deixa-la bebida e non se pagan honorarios nin cotas.”
Pola súa parte, a edil dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), puxo en valor o labor de Alcohólicos Anónimos, co cal o Concello colabora dende hai un mes, coa finalidade de “combate-las adiccións de maneira activa e xenerosa”, ademais de facilitárlle-lo local dos Servizos Sociais para realiza-las súas reunións semanais. A concelleira tamén manifestou que toda aquela persoa que se atope nesta situación pode achegarse ata o Departamento dos Servizos Sociais, dende onde será posta en contacto coa agrupación.
As persoas que desexen asistir á xornada do día 10 deben realiza-la súa inscrición a través do teléfono de contacto 981832764.