BENESTAR ANIMAL
A Concellaría do Benestar Animal regula a convivencia cos animais e unha tenza responsable na procura dunha relación máis ética. Conseguir unha integración máis xusta dos animais na vida e nos espazos públicos será un labor conxunto, de todas e todos. É necesario levar a cabo campañas de sensibilización en colaboración coas asociacións animalistas para avanzarmos na construción dunha sociedade máis concienciada sobre as necesidades dos animais.
No 2016 púxose en marcha unha campaña enfocada a concienciar sobre a importancia de esteriliza-los nosos animais. Con isto non só nos beneficiámo-las persoas, senón que tamén os beneficiamos a eles.
1. Beneficios de esterilizar
1.1. Prevención en femias:
– Infección bacteriana de útero
– Quistes e tumores ováricos
– Tumores mamarios
– Transmisión de leucemia e inmunodeficiencia en gatas
– Evita fugas e embarazos non desexados
– Evita maos olores e secreción sanguinolenta durante o celo
1.2. Prevención en machos:
– Tumores prostáticos e prostatites
– Tumores testiculares
– Tumores anais
– Transmisión de leucemia e inmunodeficiencia en gatos
– Evita fugas e pelexas
– Evita comportamentos non desexados e perigosos (marca de territorio, agresividade, etcétera)
2. Control da poboación
Evita os embarazos non desexados e que a descendencia teña un futuro incerto. Reduce o número de animais abandonados.
3. Mellora do comportamento
Elimina a aparición do celo cada seis meses. O celo dunha femia pode provocar pelexas entre os machos, a fuga do animal -que pode derivar en perda, atropelo etc.- e as molestias (para as persoas propietarias) da secreción sanguinolenta das cadelas. Desaparecen as marcaxes e os comportamentos ás veces agresivos nos machos. Os animais esterilizados centran a súa atención na familia e son máis dóciles.