Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 31 de xullo
Nova gráfica respecto da evolución da pandemia no noso municipio. Correspóndese con este 31 de xullo de 2021.
Lembramos que o parámetro de cor verde representa o número de casos nos últimos 14 días; mentres que a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: o que se chama a media móbil. Ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.
Reparamos en como prosegue a baixada.
Finalmente, a liña vermella máis grosa, a horizontal, representa o indicador dos 150 casos por cada 100 000 habitantes.
Páxina web sobre datos do coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia