Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 27 de xaneiro de 2022
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, xoves 27, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Moción do grupo municipal do PP relativa á construción dun novo parque infantil público na parroquia de Santa Cruz. Denegada con 5 votos a favor (PP), 1 abstención (PSdeG-PSOE) e 7 en contra (Nós Pobra e BNG)
- Moción do grupo municipal do PP relativa ó vertedeiro existente nas parcelas de titularidade municipal no polígono de A Tomada. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- Moción do grupo municipal do PP relativa á campaña navideña. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
Finalmente, procedeuse coa quenda de rogos e preguntas.