Isabel Risco recala na Pobra coa función Bravas
Ao abeiro da programación artellada para todo o presente mes con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora no 8 de marzo, o teatro cine Elma será escenario da representación da función Bravas: unha historia das nosas mulleres, protagonizada por Isabel Risco, quen ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas.
Terá lugar no día 19, ás 20.00 horas, e a entrada é de balde ata completa-la cabida.
Trátase dunha actividade organizada pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), en coordinación coa área da Igualdade da Deputación da Coruña.