Regulamento e solicitudes de uso do Coworking pobrense
No 2022 formalizouse a integración do Coworking da Pobra do Caramiñal na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo. Dinamizarase o centro, contarase con asistencia técnica e impulsarase un campus de emprendemento con perspectiva de xénero e a promoción do sector primario para o aproveitamento dos excedentes agrarios en explotacións familiares de autoconsumo. O custo total do proxecto ascende a 31 014’50 euros, dos cales a Deputación da Coruña achega un 80% e o Concello asume a contía restante.
Creado en 2017, o Coworking pobrense consta dunha área de 143’23 metros cadrados con capacidade para acoller 10 iniciativas emprendedoras: o espazo Emprende, con cabida para 8 módulos de traballo e destinado preferentemente a persoas emprendedoras que desexen crea-la súa propia empresa, e o espazo Nómades, con 2 módulos dirixido a persoas usuarias externas que non permanezan de xeito continuado no centro.
Ordenanza reguladora do uso e funcionamento
Solicitude de uso espazo de traballo Coworking Pobra
Solicitude de uso de espazos comúns do Coworking