O Servizo de Atención Temperá da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro, no marco do FSE neste 2022
As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo “FSE Galicia 2014-2020”.
O obxectivo (OT 9) é promove-la igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorna, co fin de facilita-la súa autonomía persoal e a dita inclusión.
Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) do 11 de maio de 2022: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220511/AnuncioG0425-030522-0002_gl.html.