A mocidade poderá formarse en Márketing dixital e Cooperativismo
A asociación Deloa, coa colaboración da Escuela de Organización Industrial (EOI), pon en marcha o programa formativo Márketing Dixital e Cooperativismo, que se desenvolverá do 28 de febreiro ao 9 de xuño.
Dirixido á mocidade de entre 16 e 29 anos, posibilitará aprender dos/as mellores profesionais de distintos sectores. Ademais, as persoas participantes poderán amplia-los seus coñecementos en empresas radicadas noutras cidades do ámbito estatal.
As sesións informativas terán lugar no 31 de xaneiro (Boiro, Rianxo e Rois-Dodro) e no 6 de febreiro (Noia-Lousame e Outes).
Para participar é preciso estar en situación de desemprego. O prazo de matrícula remata no 20 de febreiro. Máis información en www.deloa.es ou no 981817000.