A Asociación Cultural Quemaisten Teatro leva ao Elma a función Sainetes no 28 de xaneiro
A mostra de teatro afeccionado da Pobra do Caramiñal achegaralle ao público, no domingo 28, ás 19.00 horas, a terceira sesión da programación focalizada no Elma.
A Asociación Cultural Quemaisten Teatro, das Pontes, porá en escena Sainetes, composicións breves ou longas, xeralmente nun acto e de temas humorísticos, que reflicten os costumes populares e que se representaban antigamente a continuación dunha sesión de teatro. Os aquí presentes son obra do dramaturgo contemporáneo José Cedena, con O parque de María Risa; Peporro o do porro e os seus amigos da segu; A consulta do doutor Melquiades; e Un palillo pal diente.
Este ciclo está organizado pola Concellaría da Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, para “amosar e pór en valor o talento de compañías amateur nas artes escénicas”, nas palabras da edil Patricia Lojo.
O acceso é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.