Unha xornada de portas abertas permitirá achegarse á batucada na Pobra
O ritmo inundará a praza do Emigrante no 26 de setembro, a partir das 20.00 horas, con motivo da xornada de portas abertas á batucada que organiza Boa Vibra coa colaboración da Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal e Ondiñas Mainas.
Trátase dunha actividade que busca animar á veciñanza a coñecer e, sobre todo, practicar este xénero musical. Para iso, integrantes da dita entidade ensinarán a toca-los instrumentos de percusión afrobrasileña a quen se achegue pola praza.
Deste xeito, tamén se darán a coñece-las clases de batucada que se imparten regularmente, de outubro a xuño, no centro sociocultural do Campo-A Angustia. O curso para crear música conxuntamente desenvólvense nos xoves, de 19.00 a 20.15 horas, co nivel intermedio, e de 20.30 a 21.45 horas, co de iniciación.