
O Concello publica o listado provisional de admitidos/as no obradoiro de conciliación Móvete!
O Concello publica o listado provisional de admitidos e admitidas no obradoiro de conciliación Móvete! 2025. Podedes consultalo na sede electrónica.
As persoas admitidas deberán presentar no prazo estabelecido (entre o día 6 e o 12 de xuño) o xustificante de ter aboado o importe correspondente empregando o Anexo II: aboamento das taxas.
Para aquelas familias que solicitasen unha praza en varios períodos, o pagamento poderase fraccionar e/ou aprazar, logo de solicitalo na oficina do rexistro ou a través da sede electrónica, sempre que se teña xa aboado o primeiro período.
Listaxe provisional Movete 2025
Anexo II Aboamento de taxas Móvete 2025



