
Grupo Unión Fenosa-Naturgy xestionará a biomasa por debaixo das liñas de alta e media tensión situadas no concello
Desde o Concello informámosvos de que o grupo Unión Fenosa-Naturgy realizará uns labores de xestión da biomasa por debaixo das liñas de alta e media tensión situadas no termo municipal.
Estes traballos lévanse a cabo en consonancia co que marca a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
A lexislación recolle a posibilidade de que sexa a propia persoa titular do terreo quen realice a xestión da biomasa se está interesada desde a data de publicación no taboleiro de edictos. De non facelo, transcorridos 15 días hábiles desde esta publicación (26-05-2025 ata 13-06-2025 ambos inclusive), UFD Distribución Electricidad S.A. procederá á súa execución.
Comunicación dos labores de xestión de biomasa de grupo Unión Fenosa-Naturgy



