Últimas Novas

A Administración local atópase adherida á campaña <i>Liberdade de ser e sentir!</i>

A Administración local atópase adherida á campaña Liberdade de ser e sentir!

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da súa área da Igualdade, súmase un ano máis á campaña Liberdade de ser e sentir!, impulsada dende Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo do Día da Diversidade Sexual, no 28 de xuño.

A dita campaña busca sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Na programación deste 2021 figuran diversas actividades, tanto dixitais coma presenciais: contacontos infantil, xogo didáctico interactivo, vídeos de presentación de diversos colectivos LGTB ou a proxección da peza audiovisual Noite Irisada, entre outros.

Máis información na páxina web www.seresentir.gal.