Últimas Novas

Broken Peach ofrecerá un concerto no Elma

Broken Peach ofrecerá un concerto no Elma

O Elma albergará no venres 18, ás 20.00 horas, a actuación de Broken Peach. Trátase dun grupo que, fusionando música e espectáculo, interpreta varios estilos.

A apertura de portas terá lugar ás 19.15 horas. A cita está organizada pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa produtora Silencio Roto, e seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas que desexen asistir deberán reserva-la súa entrada de balde a través do teléfono de contacto 678998247.