Últimas Novas

II Concurso de Relatos Curtos Historias de Mulleres (PRAZO ABERTO ata 10 de novembro de 2019)

II Concurso de Relatos Curtos Historias de Mulleres (PRAZO ABERTO ata 10 de novembro de 2019)

    A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS) e mailo Concello da Pobra do Caramiñal convocan o II Concurso de Relatos Curtos Historias de Mulleres, para participantes a partir dos 12 anos de idade. O prazo de presentación está aberto ata 10 de novembro de 2019 e as bases reguladoras son as que seguen:

CONVOCATORIA DO II CONCURSO DE RELATOS CURTOS HISTORIAS DE MULLERES

BASES

  1. Estabelécense para o citado concurso tres categorías: unha adolescente, dirixida a persoas de entre 12 e 16 anos de idade; outra xuvenil, para persoas de 16 a 30 anos de idade; e outra adulta, para persoas de máis de 30 anos (terase en conta a idade no último día do prazo de presentación).
  1. Os traballos realizaranse en galego, orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 1000 palabras (sen incluí-lo título) e cunha temática que trate sobre a violencia, en tódalas súas expresións, exercida sobre as mulleres; a igualdade entre mulleres e homes; as súas liberdades e diversidades sexuais; e todo aquilo relacionado coa temática.
  1. Lugar de presentación: os traballos serán enviados á Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS), ó seu enderezo electrónico coordinador.abas.asoc@gmail.com Nun documento, en formato PDF, enviarase o citado traballo, que virá asinado cun pseudónimo ou alcume (deste xeito garántese que o xurado descoñeza a autoría); noutro documento, en formato PDF ou Word, achegarase o nome do traballo, nome e apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo electrónico, enderezo postal e teléfono. Recibirase a confirmación.
  1. Prazo de presentación: o prazo de presentación remata no día 10 de novembro do ano 2019.
  1. O xurado estará formado por catro persoas con coñecementos na materia de xénero e na literatura. Será competente para resolver aquelas cuestións que non estean recollidas nas bases.

6.Os premios serán os seguintes:

-Categoría adulta: 1.º premio, un vale por valor de 150€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié

-Categoría xuvenil: 1.º premio, un vale por valor de 150€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié

-Categoría adolescente: 1.º premio, un vale de 80€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié; 2.º premio de 40€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié

7. As persoas que presenten traballos a este concurso declaran ser responsábeis da autoría e orixinalidade destes.

8. A ABAS e/ou o Concello da Pobra do Caramiñal reservan para si o dereito á publicación e difusión dos traballos.

9. A presentación ó citado concurso supón a aceptación e conformidade coas citadas bases.

(Pódense descarga-las bases íntegras en formato PDF:)

bases concurso relatos 2019