
"Tecnoiguais" co mago Richard na biblioteca municipal da Pobra: venres 11 de outubro ás 18 h
Este venres, 11 de outubro de 2019, terémo-lo mago Richard con “Tecnoiguais”, un espectáculo interactivo de divulgación científica, onde se combina un percorrido pola historia da ciencia e da tecnoloxía coa maxia … e asemade pretendemos incentivar e traballar dende ben cedo a importancia da igualdade entre nenos e nenas.
Vai dirixido especialmente a nenos e nenas a partir de 8 anos, pero está aberto a todo o mundo.
Esta actividade organízase no seo do programa “LER CONTA MOITO“.
Terá lugar na biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal ás 18.00 h