
Continúa a cuarta edición das Xornadas Micolóxicas
No día de onte transcorreu no Elma a conferencia Intoxicacións por cogomelos impartida por José Manuel Castro Marcote, coautor da guía Cogomelos de Galicia e do Noroeste Peninsular.
Esta actividade enmárcase na programación da cuarta edición das Xornadas Micolóxicas, a cal terá continuidade no que resta da fin de semana.
Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.