Últimas Novas

Inscritos un total de 35 fogares pobrenses no concurso de embelecemento de balcóns e fachadas

Inscritos un total de 35 fogares pobrenses no concurso de embelecemento de balcóns e fachadas

O Nadal pobrense incorpora neste 2020 a primeira edición do Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, co cal se pretende incrementa-la ledicia e vistosidade das rúas. Unha convocatoria que conta cun total de 35 fogares inscritos, con representación de todo o termo municipal -Santa María a Antiga do Caramiñal, Santiago do Deán, Santo Isidro de Posmarcos, Santa Cruz de Lesón e Santa María do Xobre-.

Organizada pola Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), o resultado deste concurso darase a coñecer no 22 de decembro, se ben a decoración de tódalas anotadas deberá permanecer ata o 6 de xaneiro, inclusive, tal e como se estipula nas bases. Establécese así un premio por parroquia consistente nunha cesta composta de produto local, contribuíndo á dinamización e posta en valor do comercio de proximidade.