Martes 13 de agosto pola tarde, praias da Lombiña, da Illa e da Corna, "PRAIAS LIMPAS DE CABICHAS"
(Actividade adiada de domingo para martes 13 de agosto, por mor da predición meteorolóxica)
No martes 13 de agosto de 2019, pola tarde (aprox. 17 h – 20 h),
CAMPAÑA “PRAIAS LIMPAS DE CABICHAS”
-
OBXECTIVO DA CAMPAÑA: Reduci-la presenza de cabichas nos areais
-
MOTIVOS PARA FACE-LA CAMPAÑA: As cabichas dos cigarros
- Contaminan a auga salgada e a auga doce:
- Cada cabicha pode contaminar entre 8 e 10 litros de auga do mar e ata 50 litros se se trata de auga doce.
- Son un residuo altamente contaminante pola súa composición:
- Os raios ultravioletas do sol poden fragmenta-lo filtro en pezas máis pequenas, pero o material de orixe non é biodegradábel.
- Reteñen numerosas substancias como cadmio, arsénico, nicotina, tolueno, e outros compoñentes como o metanol, ácido acético, amoníaco, ácido esteárico e alcatrán.
- Son un residuo persistente no tempo:
- O informe de 2017 da ONG Ocean Conservancy indica que as cabichas supoñen o 13% do número total de desperdicios recollidos na súa campaña mundial.
- Poden viaxar miles de quilómetros e contaminar diferentes ecosistemas, incluídos os océanos.
- Diversos estudos mostran que o seu efecto contaminante pode durar entre 7 e 12 anos, e incluso algúns estudos afirman que poden chegar ata os 25 anos.
- Son un residuo difícil de retirar nas praias tanto con limpeza mecanizada coma manual:
- Pasan polos buratos das cribas nas máquinas de limpeza mecanizada.
- É moi laborioso recollelas unha a unha, é dicir, suporía un gasto en persoal e esforzo economicamente inasumíbel.
- Moitos animais confúndenas con comida, e logo morren e enferman por se atragoaren ou pola toxicidade.
- Dan unha má imaxe ó lugar onde se atopan, pois a calquera persoa lle gustan as praias limpas.
- Ás nenas e nenos chámanlle-la atención e métenas na boca.
- Se queredes máis información: www.proyectolibera.org