14 de agosto de 2019, 20 h, recuperación do noso patrimonio cultural: o cruceiro da praza da Galiza
REPOSICIÓN DO CRUCEIRO DA PRAZA DA GALIZA
A POBRA DO CARAMIÑAL | 14 DE AGOSTO DE 2019
XORNADA DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL
ACTO FESTIVO
Mércores, 20:00 h a 21:00 h
Ruada
Partirá da alameda e percorrerá as rúas peonís ata a praza do cruceiro.
Na praza da Galiza, música e bailes tradicionais para celebrar esta intervención. Escola de baile e pandeireta Caramiñas e Caraveiros.
Breves intervencións da alcaldía e da concellaría da cultura
Alocución de carácter cívico, poñendo en relevo a importancia que ten o feito de que entre tódalas persoas colaboremos na salvagarda, recuperación e posta en valor do patrimonio cultural da Galiza, como sinal de identidade dos pobos con historia merecente de ser lembrada.
ACTO DIVULGATIVO
Mércores, 21:00 h a 22:00 h
Conferencia – coloquio co público
Auditorio do Museo Valle-Inclán
Entrada gratuíta ata se completa-la cabida do local
«UN CRUCEIRO ENTRE VILAS – PRAZA DA GALIZA»
Con dúas intervencións de signo complementario:
«OS AVATARES DA HISTORIA», por Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán
«O PROCESO RECUPERADOR», por Juan Cabeza Quiles, mestre en escultura artística en pedra
A sesión irá ilustrada pola proxección de fotografías do proceso de recuperación deste ben cultural e simbólico, unha reportaxe de Abelardo Soler Torrente.