
"A banda das apertas", 8 de agosto ás 20.30 h no Elma
Ven ver ó teatro Elma MAGÍN BLANCO E “A BANDA DAS APERTAS” !!
8 de agosto de 2019, 20.30 h
A entrada será de balde!
Nesta ocasión o creador de A nena o grilo, Magín Blanco (voz, guitarra), estará acompañado polas músicas/os María Faltri (voz, percusión), Jorge Juncal (piano, acordeón) e Jerry Noia (guitarras, baixo), a quen se acaba de sumar Jesús Lorenzo (batería).
Xuntos irán repasando as aventuras de A nena e o grilo e descubrindo os seus segredos, a través de cancións: das súas cancións…
As aventuras inciden directamente en temáticas esbozadas nas entregas de Magín Blanco ó público infantil, tanto na publicada en 2010 A nena e o grilo no país das apertas, a de 2012, A nena e o grilo nun barquiño, coma a do recentemente estreado Gatuxo, ademais doutras publicacións como María Fumaça ou Rosalía pequeniña, así como temas de nova creación.
As músicas irán viaxando polas singulares aventuras en que se achegarán ó mundo dende a perspectiva mesma dos nenos e nenas, sinxela e xenerosa.
Ten un formato de concerto musical, en que as letras das cancións e as súas introducións as que marcarán o ritmo desta proposta.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.