Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XX visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XX visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN 

            Hoxe imos coñece-lo funcionamento da creación poética, segundo a concibía o noso xenial escritor arousán don Ramón del Valle-Inclán. Deixámosvos aquí este parágrafo sobre o valor das palabras e mailo que as persoas que son poetas son quen de facer con elas … ou se cadra non!

Reparade no que el nos explica mentres o vemos a estudar, nesta fermosa imaxe de Moyá del Pino:

 

Peza do día: luns 6 de abril de 2020

Don Ramón María del Valle-Inclán

José Moyá del Pino

Xilografía

1916 (e ss.)

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

…as palabras. O poeta combínaas, encáixaas e con elementos coñecidos inventa tamén unha liñaxe de monstros: a súa. Consegue así espertar emocións durmidas, pero, crealas, nunca. O que non está en nós agochado ou consciente xamais nolo darán palabras alleas. Aquilo que me fai distinto de tódolos homes, que antes de min non estivo en ninguén e que despois de min xa non será en humana forma, fatalmente ha de permanecer hermético. Eu seino e, non obstante, aspiro a espremelo dándolles ás palabras sobre o valor que todos lles conceden, e sen o contradicir, un valor emotivo xerado por min.

(Valle-Inclán: A lámpada marabillosa. Exercicios espirituais, 1916)

 

(Cita orixinal castelá)

 

…las palabras. El poeta las combina, las ensambla, y con elementos conocidos inventa también un linaje de monstruos: El suyo. Logra así despertar emociones dormidas, pero crearlas, nunca. Lo que no está en nosotros larvado o consciente, jamás nos lo darán palabras ajenas. Aquello que me hace distinto de todos los hombres, que antes de mí no estuvo en nadie, y que después de mí ya no será en humana forma, fatalmente ha de permanecer hermético. Yo lo sé, y, sin embargo, aspiro a exprimirlo dando a las palabras sobre el valor que todos le conceden, y sin contradecirlo, un valor emotivo engendrado por mí.

 (Valle-Inclán: La lámpara maravillosa. Ejercicios espirituales, 1916)

 

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan