Últimas Novas

Obradoiro de Máscaras Esperpénticas para persoas adultas: sábados 8 e 15 de febreiro na praza Maior

Obradoiro de Máscaras Esperpénticas para persoas adultas: sábados 8 e 15 de febreiro na praza Maior

Queredes elabora-la vosa propia máscara segundo o estilo esperpéntico que vos fará se-lo mellor disfrace deste Entroido de 2020 que xa se achega? E leva-lo premio á mellor máscara?

Na Pobra do Caramiñal temos xa preparadas actividades do Entroido para tódalas idades!

Se as cativas e cativos (ata 12 anos) teñen a súa Pequetroula do Entroido (tódolos venres de febreiro na praza da abastos) para elabora-las súas propias máscaras de estilo esperpéntico,

nos sábados 8 e 15 de febreiro de 2020 chega a quenda da xente adulta, no posto da praza Maior da Pobra, dende as 17 h ata as 21 h

Tamén nestes sábados nese horario haberá inchábeis para que as nosas nenas e nenos estean a xogar e a divertirse todo o tempo!

SÁBADO 22 DE FEBREIRO DE 2020 ÁS 23.59 h escollerase o gañador ou a gañadora do premio á mellor máscara feita no obradoiro.