
ASEMBLEA VECIÑAL xoves 13 de febreiro para os lugares da Ribeiriña e do Conchido, ás 20.30 h
O Concello da Pobra do Caramiñal continúa a reunirse con toda a veciñanza interesada en expor en directo as súas dúbidas, as súas propostas e consultas.
Xoves 13 de febreiro de 2020, a partir das 20.30 h do serán, o Goberno municipal estará ó voso dispor na antiga escola da Ribeiriña.
Farase tamén a presentación dos proxectos de reforma do Camiño Real: fase I e fase II.
Ven á asemblea veciñal e presenta a túa proposta!
Non a perdas!