Últimas Novas

Ven ó Entroido Esperpéntico dos anos 20 e 30: sábado 22 de febreiro na praza do Cantón da Leña

Ven ó Entroido Esperpéntico dos anos 20 e 30: sábado 22 de febreiro na praza do Cantón da Leña

            No sábado 22 de febreiro de 2020, ven rememora-los tempos do noso escritor Valle-Inclán, o inventor do xénero literario do esperpento.

Na praza do Cantón da Leña imos relembra-la época en que viviu don Ramón del Valle-Inclán, cunha ampla programación de actividades. Imos revivi-los anos 20  e mailos anos 30 con música, disfraces, concursos de máscaras e tamén obradoiros de máscaras, tanto para o público infantil coma para a xente adulta.

Proxectarémo-la obra literaria “Los cuernos de don Friolera“, de Valle-Inclán, no auditorio do museo dedicado ó noso xenial creador literario.

SÁBADO 22 DE FEBREIRO DE 2020 ÁS 23.59 h escollerase tamén o gañador ou a gañadora do premio á mellor máscara feita no Obradoiro de Máscaras Esperpénticas (persoas adultas) que se fai sábados 8 e 15 de febreiro na praza Maior.

Non o perdades!

 

Obradoiro de Máscaras Esperpénticas para persoas adultas: sábados 8 e 15 de febreiro na praza Maior