A Protección Civil da Pobra do Caramiñal axuda as persoas con mobilidade reducida
A Protección Civil da Pobra do Caramiñal informa a veciñanza de que pon un grupo de intervención sociosanitaria ó dispor das persoas con mobilidade reducida (para lles leva-la compra á casa ou os produtos da farmacia): sexa por causa da idade, por estaren nunha situación de risco nesta etapa de alarma sanitaria polo coronavirus, ou por outros inconvenientes de falta de mobilidade.
Dende as 9 h ata as 13 h o teléfono de atención é 881 083 967.
Para urxencias as 24 h o teléfono é o 636 485 078.