Tódalas tardes de venres en novembro continúa a Pequetroula na praza do mercado (nenas/os de 3 a 12 anos)
Tódolos venres, tódalas nenas e nenos entre 3 e 12 anos continúan a te-la Pequetroula esperando por elas para pasa-la tarde!!!
A Pequetroula perdura ó longo deste mes de novembro no edificio da praza de abastos, entre as 17 h e as 21 h
Terémo-la nosa Pequetroula na Pobra deica o vindeiro mes de xuño, mentres dure o período lectivo.
Non esquezáde-los vosos tíckets do pequeno comercio da Pobra do Caramiñal!
Esperámosvos cunha morea de actividades deseñadas para vós!!!
Organiza a Concellaría da Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal.