Últimas Novas

VENRES 24 DE ABRIL: repartimento de máscaras contra o Covid-19 por todo o concello da Pobra do Caramiñal

VENRES 24 DE ABRIL: repartimento de máscaras contra o Covid-19 por todo o concello da Pobra do Caramiñal

            Hoxe venres 24 de abril de 2020 dará comezo o repartimento de máscaras protectoras a toda a poboación do concello.

A entrega farase na man por parte do voluntariado da Protección Civil, acompañadas dun folleto informativo coas instrucións para o seu uso.

A procedencia das máscaras é a seguinte:

6000 unidades elaboradas polo voluntariado organizado dende a Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), a prezo do custo do material

5000 unidades doadas pola empresa Escurís, do grupo Jealsa; elaboradas pola empresa do sector téxtil Jealfer, que forma parte do mesmo grupo

O grupo de voluntarias do noso concello, que xa confeccionou varios centos e seguirá a traballar nas vindeiras semanas.

O estabelecemento comercial Pizpireta, que tamén doou material.

O noso agradecemento vai tanto para a empresa coma para as persoas voluntarias, que nos permiten dispoñer do material e da capacidade para distribuílas.

Comezarase polo centro urbano, dando prioridade ás zonas de edificios de vivendas plurifamiliares, onde existen zonas comúns e o risco de contaxio é maior. Completarase o centro para logo continuar por todo o rural do noso concello.

A entrega será unha por persoa e hai máis ca suficientes para toda a poboación.

Agradecemos que se lles dean tódalas facilidades ás persoas voluntarias da Protección Civil para face-la distribución áxil e rápida, colaborando na medida do posíbel.

Unha vez máis cómpre destaca-lo traballo da Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil, que están non só atendendo as demandas do Concello para colaborar, senón que contan con iniciativa propia para leva-la axuda alá onde máis se precise. A nosa sociedade estará en débeda con estas persoas ata que teñámo-la oportunidade de agradecérllelo como merecen.

Solicítase a colaboración para a difusión desta información, compartíndoa por tódolos medios.

Moitas grazas!