
Interrupción na subministración eléctrica o 10 de xuño
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que a empresa distribuidora UFD levará a cabo unha interrupción programada da subministración eléctrica na madrugada do próximo 10 de xuño, co obxectivo de realizar traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica.
A actuación está prevista entre as 01.00 e as 03.00 horas, período durante o cal poderán producirse cortes no subministro nas zonas afectadas.
Segundo a comunicación remitida pola compañía, os traballos afectarán ás seguintes localizacións:
- Castelo
- Díaz de Rábago
- Tetuán
- Paseo do Muelle
- Travesía San Roque
- San Lázaro
Desde UFD indican que estas actuacións son necesarias para garantir o correcto funcionamento da rede e mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona. Para calquera aclaración, a compañía pon á disposición da cidadanía o teléfono gratuíto 900 333 999.
O Concello da Pobra do Caramiñal lamenta as molestias que esta interrupción poida ocasionar e agradece a comprensión da veciñanza.


