
A Biblioteca da Pobra acolle a presentación de Os fabuladores
O Auditorio da Biblioteca da Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro 13 de xuño, ás 20.00 horas, a presentación de Os fabuladores, a nova novela de José Ignacio Carnero, publicada en galego por Aira Editorial e dispoñible nas librarías desde finais de maio.
A obra recupera un sorprendente episodio da historia contemporánea: o secuestro do transatlántico Santa María por un grupo de opositores ás ditaduras de Franco e Salazar. Entre a novela, a crónica e a biografía, Carnero constrúe un relato sobre a memoria, a aventura e o poder das historias.
No acto participarán o propio autor, xunto con Pilar Cascón, Xesús Laíño, Antón Mascato e o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal.
Esta presentación forma parte da xira galega da obra, que chega á Pobra poucas semanas despois da súa publicación e ofrece ao público a oportunidade de coñecer de primeira man a edición en galego.


